Escoitar

Campaña de captación de voluntariado da Fundación VIDE

mércores, 12 xuñ 2002
imx1544.jpg
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou a “Campaña de Captación de Voluntariado da Fundación VIDE”, coa que se trata de facer participativa a actividade deportiva dende unha posición necesaria para o desenvolvemento do mesmo. Esta axuda na organización transmitirá o sentimento de formar parte dun labor moi positivo e gratificante.

Hoxe en día, a acción voluntaria é un dos instrumentos básicos da actuación civil no ámbito social. Neste aspecto, Vigo é unha cidade moi participativa no fenómeno deportivo: é por isto que a Fundación pretende potenciar e promover o voluntariado deportivo. Cunha estructura de voluntariado farase posible a dinamización e apoio ás entidades deportivas.

Entre os requisitos que se necesitan para ser voluntario de VIDE está ter 16 anos cumpridos, ser residente en Vigo ou na súa área de influencia, espírito solidario e xuvenil, entusiasmo para colaborar con proxectos da cidade, disciplina e capacidade de superación. O VIDE ofrécelles ós voluntarios descontos comerciais, cursos de formación, regalos, concursos así como a satisfacción da convivencia coa xente nova coa que compartir un proxecto común e a ledicia e aproveitamento dunha actividade gratificante. Os interesados poden chamar a partir de hoxe á Fundación Vigo en Deporte (teléfono 986 247 104).

Nesta campaña de voluntariado tamén se presentou a VOVI, a mascota dos voluntarios vigueses para o deporte. É de cores azul, amarela e vermella, as cores de VIDE, e como sinal mais significativo posúe unhas grandes mans.

Descargar todas as imaxes