O Valedor do Cidadán defenderá os dereitos dos veciños de Vigo
O profesor Luís Espada Recarey é dende hoxe o Valedor do Cidadán de Vigo. A toma de posesión desta nova figura democrática tivo lugar no transcurso dun pleno extraordinario celebrado hoxe pola Corporación municipal. O Valedor terá como misión a defensa dos dereitos e intereses dos veciños de Vigo e poderá supervisar a actuación da Administración municipal e dos organismos e entidades dependentes dela.
O alcalde Lois Castrillo destacou que o Concello de Vigo apostou, hai dez anos, por abrirlles as portas ós colectivos sociais coa creación dos consellos sectoriais e a intervención dos cidadáns nos plenos, polo que a creación da figura do Valedor completa a arquitectura da participación e achegamento á institución municipal.
Pola súa banda, Luís Espada manifestou que a figura do Valedor ”no ámbito local é unha institución nova, unha instancia extraordinaria, inexistente hai uns anos e necesaria na nosa cultura actual, que se caracteriza pola defensa das garantías persoais e a súa salvagarda fronte ós complexos mecanismos do funcionamento administrativo”.
Discurso do Valedor do Cidadán:
O Comité de Ministros do Consello de Europa a través da súa Resolución 13/1985 de 23 de setembro aprobou unha recomendación sobre a creación do Defensor do Pobo, xa fose no ámbito estatal, rexional e/ou local, figura que xa fora incluída, con anterioridade, na Constitución sueca de 1809.
Así pois, as características propias da figura do ”Ombudsman”, creada polo dereito escandinavo, foron incorporadas ó sistema xurídico español mediante a denominación de Valedor do pobo.
Por outra parte, cando se toma a decisión de acepta-lo ofrecemento deste cargo, faino un pola obriga moral de dici-lo que se pensa ou se sinte como unha acción irrenunciable, recordando que para levar a cabo calquera actividade humana é necesario ser apaixonado, pois a vida é un proceso que se fai cara adiante. A nosa vida orteguiana é un facer, un facer a vida cada cal.
Como vostedes saben, as ideas claras serven para falar, pero case sempre obramos por ideas confusas: son elas as que conducen a vida e, en contrapartida, o silencio é a única linguaxe que utiliza o ser humano cando a sensación que experimenta excede da medida ordinaria das impresións, que é o que experimentei cando, en silencia, redactaba este escrito hai un par de días.
O proxecto de calquera actividade cívica, e esta que estamos iniciando neste acto, é un proxecto social que implica transmitir ó cidadán que a vida en sociedade é un equilibrio permanente entre dereitos e deberes. Por tanto, a única maneira de transformar unha sociedade é transformando o individuo mediante unha ensinanza integral, non só científica, ou técnica, ou humanística, entendendo esta educación cívica como unha aprendizaxe máis que como unha ensinanza. Isto é, aprender a coñecerse, aprender a proxectarnos, aprender a vivir xuntos, aprender a ser.
Cando a Willy Brandt se lle presentaron, nun momento do seu mandato político, algúns problemas de convivencia cidadá que esixían unha rápida resposta ós conflictos cívicos existentes, fundamentalmente económico-sociais, o gran estadista deunos nese momento a solución : ” os problemas inherentes ó exercicio de políticas rexidas por sistemas democráticos só se arranxan con máis democracia”, Isto é, o que nos transmitía era que, se nun momento determinado o equilibrio que rexía os intereses entre dereitos e deberes cívicos se desequilibraba, a solución era restablecer ese fiel da balanza e non que a resposta ó estímulo fose na dirección de incrementa-lo desequilibrio.
A democracia así entendida é un valor absoluto, como a liberdade, que non pode, salvo para pervertela, acoutarse nin limitarse por motivos exclusivos de convivencia. Isto é, o versos machadiano sobre os intransixentes que desprecian cando ignoran, por condunfi-lo unitario co uniforme, non entendo que na diversificación está a clave da convivencia.
Por todo isto, na procura dunha mellor calidade de vida no ámbito municipal, faise necesaria unha revisión global dos obxectivos políticos, baseada en qué significa progreso tecnolóxico e qué abarca o progreso social, cál é a súa simbiose e cómo deben complementarse, pero non subordinarse un ó outro, substituíndo así a tensión pola cooperación. Isto é, a Europa dos cidadáns, non a dos mercaderes, como pronosticou Delors: ” os pobos europeos non serán nada se se concibe, se negocia e se pacta só, exclusivamente, entre os dirixentes políticos e os tecnócratas en economía”.
É realmente unha Europa moito máis afectiva e próxima ca que nalgúns momentos podiamos albiscar como a simple suma dos seus mercados. E este feito agranda o noso optimismo sobre a dimensión espacial, vital e humana na que se asentarán as xeracións futuras, e onde a diversidade sexa un recurso e fundamento da propia autonomía e no un custo, onde a tolerancia sexa un exercicio necesario e no un resultado froito do voluntarismo, onde compromiso sexa unha práctica cotiá e non unha estratexia interesada. En definitiva un espacio, que non só xeograficamente senón tamén vitalmente, amplíe os graos de liberdade dos individuos.
Esta introducción, a modo de prólogo, serve para entende-la filosofía relacionada coa figura do Valedor do Cidadán. Esta figura, non ámbito local é unha institución nova, unha instancia extraordinaria, inexistente hai uns anos e necesaria na nosa cultura actual, que se caracteriza pola Defensa das garantías persoais e a súa salvagarda fronte ós complexos mecanismos do funcionamento administrativo.
O Valedor do cidadán vén facer fronte a tres grandes carencias, a tres grandes problemas que o cidadán atopa na súa vida ordinaria e normal:
1. O choque cotián coas administracións que adoitan ser intervencionistas...
2. O control xurisdiccional do intervencionismo da administración.
3. O exceso de lexislación, en frase do profesor Carl Smith: ”Hoxe estamos nun mundo de lexislación motorizada” polo que non queda tempo para o problema do cidadán individual.
O que nos pon de manifesto unha realidade, e é que os mecanismos de control, con ser indispensables, hoxe non son suficientes, polo que hai que buscar unha vía complementaria de control das administracións públicas. E digo complementaria porque a filosofía da institución non está en suplir ou sustituir a ningunha administración.
Non xorde esta figura da desconfianza na xestión local, xa que o seu obxectivo é, a fin de contas, equilibra.la actuación das distintas instancias, integrando no maior grao posible os dereitos de cada individuo coas esixencias colectivas da institución local e do seu ámbito social, mellorando as relacións entre os diferentes colectivos e persoas que forman parte da nosa cidade de Vigo.
Así, a función de poder revisa-las accións administrativas debe ser entendida dunha forma restrinxida, no que faga referencia a non solapa-las competencias doutros órganos, poñéndose en práctica só cando haxa que protexe-los dereitos dalgúns cidadáns que poidan ter sido vulnerados.
Pode contribuír á mellora da calidade de vida do administrado avaliando informes ou recomendacións de tipo xeral sobre o bo ou mal funcionamento da institución social en distintos ámbitos ou niveis. Estes informes poden contribuír a esta mellora, ó sinála-los puntos débiles ou fortes nas múltiples actuacións e procedementos da administración, suxerindo solucións ós problemas detectados. Tanto as recomendacións como as propostas de solución deben ter unha base de amplo coñecemento e rigorosas análises de tódolos casos presentados en forma de queixas e reclamacións ante a administración, ou calquera outra fonte de información que se considere oportuna e fiable. Intentando no errar nas súas recomendacións, e onde todo tipo de información ou colaboración que se solicita para o esclarecemento do conflicto será de utilidade, pois os seus dictames, ademais das xestións que se poidan facer, dependen tamén dos informes recibidos de calquera membro do colectivo cidadán vigués.
É comunmente aceptado que o perfil da súa función debe incluí-las seguintes características:
: Máis autoridade que poder: Debe posuí-la autoridade dabondo como para facer ver á comunidade os problemas que se presentan no seu seo, así como a idoneidade das solucións que para eles se presenta.
: Máis xustiza que dereito: para garantir, na medida do posible, que os membros da comunidade reciban un trato xusto, ademais de axustado a dereito, chamando a atención dos órganos executivos se observa que as normas en vigor non son suficientemente eficaces.
: Máis humanismo que burocracia: Como necesidade de confiar en alguén que actúe en defensa dos dereitos dos administrados, que aclare os feitos ocorridos e que dea transparencia ós conflictos cando crea que o administrado foi lesionado nos seus dereitos, como consecuencia das actuacións daqueles que exercen o poder executivo.
Non deberá entrar no exame dos conflictos que están pendentes de resolución xudicial e debe abandonalos se, unha vez que iniciou as súas actuacións, se interpuxese demanda ou recurso ante os Tribunais. Do mesmo xeito, non tramitará as queixas anónimas nas que exista mala fe, carencia de fundamento ou inexistencia de pretensión, coma tamén as que provoquen, polas actuacións que dimanen da súa tramitación, prexuízo no lexítimo dereito de terceiras persoas.
Calquera actuación da súa filosofía a desenvolver no futuro deberá ter reunir tres condicións:
: Ante todo é necesario sabe-lo que se quere.
: Cando se sabe o que se quere, corresponde te-la valentía de dici-lo.
: Cando se dixo e se expuxo publicamente, corresponde te-la valentía de face-lo.
A procura da verdade ante o conflicto presentado é a razón da súa existencia, e ante esa busca, tódalas reclamacións teñen o mesmo interese.
É un desexo, por tanto, que esta figura traia silencio para escoitar, serenidade para reflexionar, sensibilidade para avergoñarnos, coraxe para falar e vontade para traballar.
Non hai,por tanto, nada novo baixo o sol. Xa os gregos nos sinalaron o camiño a seguir que, neste caso, pode ser guía e norte desta nacente institución: Calado é como se aprende a oír, oíndo é como se aprende a falar e logo, falando apréndese a calar.
Hai unhas semanas, e en sesión ordinaria, aprobábase este nomeamento por unanimidade, o cal, ademais de agradecerlles a todos vostedes a confianza depositada na miña persoa, é un reto que tomo como unha maior obriga na miña persoa, é un reto que tomo como unha maior obriga no desempeño das miñas futuras funcións. Non hai epílogo sen a aceptación dos condicionantes que calquera candidato propón dentro das peculiaridades explicitadas no regulamento aprobado que rexe as actuacións desta figura, como así se fixo. No meu caso concreto, non cambia o meu status na Universidade, e sigo, por tanto, cos mesmo dereitos e deberes que teño, ó ser clasificado de honorífico o desempeño deste cargo, tal como aprobou por unanimidade este Pleno as modificacións que fosen necesarias realizar no presente Regulamento de organización e funcionamento do ”Valedor do cidadán”, para un mellor desenvolvemento das súas funcións, unha vez coñecida e analizada a casuística dos temas presentados.
Así pois, por todo isto, estou aquí, con apaixonamento e co convencemento sincero de que esta etapa só pode progresar positivamente coa axuda imprescindible de todos vostedes e da sociedade viguesa, adquirindo o compromiso dun esforzo solidario para satisfacelas demandas das sociedade da nosa cidade co máximo nivel de calidade e de eficiencia.
Confío na colaboración de todos, representantes ou non desta cidade de Vigo, para que este camiño, que hoxe comeza a modo de primeiros pasos, poida te-la forza suficiente para supera-las sempre complexas etapas iniciais de nacemento, coa esperanza e o desexo de que un horizonte novo, que se aveciña, chegue cheo de froitos e beneficios.
Descargar todas as imaxes