Escoitar

O alcalde anuncia que un profesional vigués instruirá aos bombeiros nicaragüenses no manexo dos dous vehículos doados polo Concello

Abel Caballero fixo hoxe xoves entrega formal ao embaixador de Nicaragua, Augusto Zamora, de dous vehículos de bombeiros para dous municipios que actualmente carecen deste servizo. Un bombeiro vigués viaxará ao país centroamericano para instruir aos profesionais nicaragüenses no manexo dos coches. "Estamos satisfeitos de contribuir a unha mellor seguridade para os cidadáns dos municipios de Nicaragua", concluíu o alcalde.

xoves, 22 abr 2010
1271940930cochebombeiros.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que un bombeiro vigués instruirá aos profesionais de extención de lumes de Nicaragua no manexo dos dous vehículos que o Concello de Vigo dona ao país centroamericano.

O rexedor vigués fixo hoxe entrega ao embaixador de Nicaragua, Augusto Zamora, dos dous vehículos de bombeiros cedidos polo Concello, que irán destinados a dous municipios nicaragüenses que actualmente carecen deste servizo. Abel Caballero asegurou que "estamos satisfeitos de contribuir a unha mellor seguridade para os cidadáns dos municipios de Nicaragua".

O embaixador agradeceu ao Concello de Vigo e ao alcalde a donación dos vehículos e a instrucción do profesional vigués. Zamora explicou que os bombeiros máis próximos aos dous municipios que recibirán os coches donados tardan case unha hora en chegar ao lume.

Características
Os dous vehículos de extinción de incendios donados polo Concello vigués presentan unha cisterna de auga con capacidade para 5.000 litros, bomba de impulsión de alta e media presión e motores de 310 e 340 CV renovados en 2004 e 2005 respectivamente.
Descargar todas as imaxes