Escoitar

Abel Caballero asistirá á toma de posesión en Vigo do novo bispo da Diócese Tui-Vigo

O alcalde de Vigo recibíu este xoves ao vicario xeral da Diócese Tui-Vigo, Xesús Gago Blanco, quen invitou ao rexedor vigués ao acto de toma de posesión do novo bispo, o monseñor Luis Quinteiro, celebración que terá lugar na Colexiata o próximo domingo, 25 de abril. Caballero resaltou que "estamos presentes en todos os actos que teñen dimensión social e presencia nesta cidade".

xoves, 22 abr 2010
1271940828vicario.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que acudirá ao acto do próximo domingo de toma de posesión do novo bispo da Diócese Tui-Vigo, o monseñor Luis Quinteiro.

Así o indicou despois dun encontro co vicario xeral da institución, don Xesús Gago Blanco, quen invitou ao rexedor vigués ao evento. O próximo sábado celebrarase o acto en Tui e un día despois, o domingo 25 de abril, será o turno da Colexiata viguesa.

O alcalde afirmou que "damos a benvida" ao novo bispo e resaltou que "estamos presentes en todos os actos que teñen dimensión social e presencia nesta cidade".
Descargar todas as imaxes