Escoitar

O Consello da Xerencia tratará a urbanización do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo

mércores, 4 abr 2001
O Consello da Xerencia de Urbanismo tratará, na súa sesión do xoves 5 de abril, entre outros asuntos, a aprobación inicial do proxecto de urbanización do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, a proposta desestimatoria do estudio de detalle da rúa Torrente Ballester e maila aprobación definitiva da segunda modificación do estudio de detalle da unidade de actuación ”Fraga”.

Trataranse tamén nove expedientes de infraccións urbanísticas e 51 de licencias de obras, actividades e instalacións.