Escolares de Vigo coñecen a natureza e a historia da cidade mediante un programa educativo
A xornada comeza ás dez da mañá co recibimento dos escolares no parque forestal de Saiáns. Nesta ocasión, foron 50 alumnos do colexio Picacho os que participaron nesta actividade incluída no programa educativo municipal ”Vigo por dentro, Saiáns natureza e historia” da Concellería de Educación.
Os rapaces dividídense en tres grupos, acompañados por cadanseu monitor, para iniciaren o percorrido deseñado pola empresa de servicios medioambientais ”Forsai” e adentrarse no coñecemento do bosque autóctono, na plantación de especies no viveiro forestal e no medio acuático dunha charca. Estas actividades están integradas na aula de natureza ”Esquío”.
A través dun itinerario que percorre unha carballeira e un bosque de ribeira, os rapaces descubren os usos tradicionais das distintas especies como bidueiros, freixos, salgueiros, pradairos ou sanguiños que medran á marxe do río Saiáns. Identifican as características morfolóxicas que definen as carballeiras e estudian a súa ecoloxía. Os monitores desmitifican as crenzas populares que lles atribúen connotacións pexorativas ós animais atopados no camiño e conxugan, deste xeito, o saber popular co científico. Os nenos aprenden a escoitar a natureza e distinguen os asubíos dos paxaros, que son identificados polos monitores segundo o seu canto.
A fronteira natural entre Vigo e Nigrán é o río. Explícaselles ós nenos o aproveitamento da auga como fonte de enerxía nos catro muíños atopados, dos que un deles está en funcionamento: a ensamblaxe das pezas e as tradicións arredor do conxunto etnográfico.
No viveiro forestal ensínaselles a sementar landras e a transplantar pequenas árbores e arbustos para logo repoboar os bosques. Experiméntase coa elaboración de compost a partir de distintos materiais orgánicos e amósanse caixas-niño de madeira para os paxaros.
Nunha charca artificial, deseñada para o efecto, iníciase ós escolares na fauna e flora acuáticas para aprenderen o papel ecolóxico que desempeñan as masas de auga nun ecosistema. Collen crías de anfibios e estudian a súa metamorfose.
O castro de Estea é outro dos puntos de visita. Neste escenario, introdúcense na cultura castrexa e coñecen as manifestacións artísticas, arquitectónicas e de organización social dos antepasados.
Este labor de divulgación, de achegamento á natureza e ó patrimonio histórico, pretende servir para a prevención de problemas medioambientais. O programa constitúe un proxecto complementario á formación na escola co obxectivo de ofrecer un punto de referencia para os educadores que teñan a necesidade de incluíren unha actividade de educación ambiental interdisciplinar nas súas materias.
Trala actividade, os mestres poden aplicar na aula as unidades didácticas elaboradas pola asociación veciñal ”San Xurxo” e a comunidade de montes de Saiáns, ou pola aula da natureza ”Esquío”, co fin de fixar os coñecementos aprendidos na charca, no viveiro ou no bosque.
Descargar todas as imaxes