Escoitar

Reunión da Comisión de Goberno da Mancomunidade

martes, 3 abr 2001
A reorganización e coordinación do transporte urbano e interurbano dos Concellos que conforman a Mancomunidade Intermunicipal de Vigo centrará a Comisión de Goberno que celebrarán o mércores os alcaldes da MAIV.

Este é o principal punto no orde do día da reunión que se celebrará na Casa da Cultura do Concello de Salvaterra de Miño. As empresas consultoras Sener Ingeniería y Sistemas S.L. e Plans Estratéxicos Territoriais de Transporte e Ambientais S.L. (Petra) presentarán os estudios de transporte na Mancomunidade que se elaboraron nos últimos meses.

Estes estudios contemplan, entre outros aspectos, a necesidade de acometer un Plan de Transporte Urbano e Interurbano dende este ente supramunicipal co obxectivo de mellora-la calidade do servicio e atende-la demanda existente tanto en Vigo coma nos Concellos do seu entorno. Os estudios apuntan como a fórmula máis axeitada para a xestión do Plan de Transporte a creación dun Consorcio.