Un novo centro cívico e social para Teis
A Concellería de Participación Cidadá ten previsto no próximo mes de maio a apertura do edificio de servicios do novo centro cívico e social do barrio de Teis. O proxecto contempla a rehabilitación dun edificio de servicios e a construcción dun auditorio e dunha pista polideportiva cuberta no Camiño de Maceiras e o Camiño de Cancelo, máis coñecidos como a antiga Finca de Cobas, que foi cedida ó Concello por medio dunha permuta cun centro comercial.
Con esta medida, preténdese crear unha nova instalación municipal que acolla distintos servicios integrados de carácter cultural, recreativo, deportivo, administrativo e social, complementarios doutros existentes no barrio, de xeito que permita a convivencia e a interacción de persoas e asociacións de distinta formación, necesidades, intereses e fins, residentes prioritariamente no barrio.
Nestes momentos está previsto abrir a antiga vivenda unifamiliar reconvertida en espacio de servicios sociocomunitarios incorporando a nova distribución con aulas, obradoiros, despachos, sala de reunións, biblioteca, sala de estudios, ludoteca, aulas de informática e o Centro de Atención Municipal (CAM), que estarán distribuídas entre a planta semisoto, baixa, primeira, torreón e terraza.
Nunha segunda fase xa en marcha se prevé a construcción dun auditorio e o peche parcial do recinto do centro. Deste xeito, os veciños de Teis poderán disfrutar dun auditorio-teatro, cunha superficie construída de 950 m2 que contemplará un espacio o suficientemente versátil para distintos usos (conferencias, concursos de baile, etc.), e que contará cun aforo de entre 350 e 400 persoas, vestiarios, camerinos, almacén, aseos, etc.
Por último, construirase unha pista exterior polideportiva cuberta, ademais da urbanización e axardinamento da parcela. O que se pretende deste xeito é a posta á disposición dos usuarios dunha pista deportiva ó aire libre para a práctica de deporte en pista (balonmán, baloncesto, tenis, fútbol sala...), e, en previsión dun uso máis intensivo, prevese a cuberta da pista. Asemade, a construcción incluirá unha zona de xogos para nenos e unha zona de barbacoas para futuras celebracións ó aire libre, servicios e vestiarios.