O alcalde inaugura a Feira Galega da Maquinaria da Confección
O alcalde, Lois Castrillo, inaugurou a Feira Galega da Maquinaria da Confección que permanecerá aberta no Pazo de Exposicións de Cotogrande ata o 14 de abril.
Discurso do alcalde na inauguración de Fegatex 2002
Foi no ano 1999 cando este pazo de exposicións José Nogueira Dalmás acolleu por vez primeira a Feira Galega de Maquinaria para a Confección. Daquela saudamos o certame considerándoo como un acerto dos promotores, que cubrían así unha eiva no terreo das exposicións feirais incluindo nelas un sector cunha presencia moi importante na nosa comunidade. Galicia, un pais punteiro no panorama europeo no eido do deseño e a confección de moda tiña que contar cunha feira na que se deran cita os profesionais do sector. Hoxe comprobamos que a iniciativa era atinada e a proba e que estamos prestos a inaugurar a terceira edición coa expectativa de incrementar o número de visitantes das pasadas.
O sector da confección téxtil ten en Galicia un peso notable. O mesmo ocorre no norte de Portugal, no val do Ave, onde as empresas deste ámbito de producción dan emprego a milleiros de persoas. ¿Qué mellor lugar ca Vigo para reunir aos profesionais do sector dunha beira e outra do Miño? Este pazo de Cotogrande, polas súas instalacións, polas súas comunicacións, pola súa proxección, reune as condicións idoneas para desenvolver unha convocatoria deste tipo.
Fegatex converteuse nunha excelente plataforma comercial para as empresas relacionadas co mundo da confección: pero tamén é un elemento que contribúe a dinamizar o sector, a introducir novas tecnoloxías a modernizar as nosas empresas situándoas nas mellores condicións para competir e medrar.
O téxtil é un sector con futuro en Vigo. Así o testemuña a próxima creación no parque Tecnolóxico e Loxístico dun gran centro de producción que incorporará seccións de I+D e que colocará as empresas desta área nunha situación óptima para desenvolverse. Ese centro de producción textil vai ser un factor de relanzamento da actividade do sector na bisbarra de Vigo.
A industria da confección é na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal unha fonte de riqueza e de emprego, pero tamén, e isto non é menos importante, un excelente elemento de promoción da nosa terra, da nosa capacidade para crear e exportar ideas e productos de calidade. Ao valor económico da producción textil de Galicia e do norte de Portugal temos que sumar ese valor engadido que non se mide con números senon que se traduce nunha mellora da nosa imaxe no exterior, nunha consolidación do prestixio do producto con marca de orixe.
Estas razóns son as que nos motivan a apoiar o desenvolvemento da industria textil e a recibir con satisfacción as propostas e iniciativas que tenden a potenciala. Fegatex é un bo termómetro da saúde do sector en Galicia e a súa consolidación e as expectativas creadas en torno a esta feira nos animan a confiar en que continúe o proceso de desenvolvemento deste ramo empresarial.
Sexan benvidos á Feira da Maquinaria para a Confección que me sinto honrado en declarar inaugurada.