Teatro e títeres, propostas para a fin de semana
A iniciativa da concellería de Festas e Animación Sociocultural VIGO A ESCENA continúa coa súa programación de abril, que levará o sábado, o teatro á Asociación de Veciños Val do Fragoso a obra “Papá e mamá están ben”, da man do grupo de teatro “Avento”.
A representación desta divertida comedia terá lugar ás 21.00 horas. Nese intre, saltarán ó escenario os fillos dun matrimonio xa maior que busca que un deles se faga cargo do seu coidado, dada a súa avanzada idade.
O problema é que ningún dos fillos quere asumir esa responsabilidade e xuntos, os irmáns buscarán o xeito de non ter que decidir sobre quen deles recaerá ese labor, o que derivará nun final verdadeiramente sorprendente.
Este espectáculo acadou o Premio do público no Certame de Teatro Afeccionado Ciudad de Reinosa 1999 e o Premio á mellor actriz a Gloria Sampedro, do grupo “Avento”, no mesmo certame.
Vigocreque
A montaxe “Que pasa na Praza”, a cargo da compañía Pablo Nojes, abrirá o domingo, 14 de abril, a programación de Vigocreque nos barrios da cidade, levando a risa a toda a familia. O lugar elixido para a representación será a Asociación de Veciños Santa Mariña de Cabral, a partir das sete e media da tarde.
“Que pasa na Praza” é un espectáculo unipersoal para adultos e cativos, e as técnicas utilizadas para a súa representación son os monicreques de boca, a danza, o mimo, a actuación e a música.
Relata a obra as historias dun xograr que chega á praza e conta as cousas que ve e imaxina que alí pasan: dun pallaso que loita por pórse o nariz e se namora dunha flor: a dun concertista de frauta e a inesperada interrupción dun ximnasta ou dun vendedor de mel que caza sons nos seus frascos.