III Xornadas “Solo e Urbanismo”
Durante os próximos 22 e 23 de abril terán lugar as “III Xornadas de dereito urbanístico” promovidas cada ano pola Xerencia de Urbanismo e que na presente edición versarán sobre “Solo e Urbanismo”. Organízanse, nesta ocasión, coa colaboración da “Fundación Justicia en el Mundo de la Unión Internacional de Magistrados”, que desenvolve así na nosa cidade o seu décimo curso de formación xurídica para empresas e profesionais.
As xornadas están pensadas para os profesionais da xustiza e do urbanismo e están abertas á participación de profesionais de toda Galicia pertencentes a actividades relacionadas co urbanismo e a xustiza.
Con este motivo daranse cita en Vigo representantes do mundo da maxistratura como o presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e do Tribunal Supremo, Francisco José Hernando de Santiago: os maxistrados do Tribunal Supremo, Ramón Rodríguez Arribas, Jorge Rodríguez-Zapata Pérez, Ricardo Enríquez Sancho e Mariano de Oro-Pulido López: o maxistrado xefe do Gabinete Técnico do Tribunal Supremo, Diego Córdoba Castroverde: o presidente da Sección 2ª da Sala Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Arrojo Martínez: e o profesor titular de Dereito Administrativo da Universidade Autónoma de Madrid, Enrique Sánchez Goyanes, que xa ten participado nas dúas edicións anteriores das xornadas de dereito urbanístico organizadas pola Xerencia.
Temática do maior interese para Vigo
O programa ofrece un repaso exhaustivo a importantes aspectos da relación “Solo e Urbanismo” como son os valores e expropiacións urbanísticas, as competencias do Estado e das CCAA, os efectos da Sentencia do TC 61/1997 de 20 de marzo sobre o control da edificación e uso do solo, os sistemas de execución do planeamento urbanístico ou a responsabilidade patrimonial da acción urbanística.
Durante a presentación destas terceiras xornadas sobre dereito urbanístico, o alcalde, Lois Castrillo, salientou que o obxectivo que se persegue é o de contribuír a desenvolver en Vigo un debate con fundamento e coñecemento profundo de aspectos referidos á seguridade xurídica no eido do urbanismo. Así mesmo subliñou que, a través das xornadas que promove a Xerencia de Urbanismo do Concello, estase a converter Vigo en referencia obrigada para toda Galicia no ámbito dos cursos de formación xurídica.
O alcalde agradeceu a colaboración prestada nesta edición das xornadas por unha entidade do máximo prestixio, como é a Fundación Xustiza no Mundo da Unión Internacional de Maxistrados, que asegura o máximo nivel, tanto nos poñentes como na temática elixida. Tamén afirmou que o curso vai ser de grande utilidade para asegurar a integración da calidade técnica e xurídica nos traballos de planeamento e xestión que se están a desenvolver na Xerencia de Urbanismo.
Na rolda de prensa de presentación das xornadas, o Alcalde estivo acompañado por José Manuel Bento Company, director xeral da Fundación Xusticia no Mundo da Unión Internacional de Maxistrados: Enrique Sánchez Goyanes, profesor e xerente do curso, e tamén colaborador da Fundación: Xabier Toba, concelleiro de Urbanismo e Xavier Rivas, xerente de Urbanismo.
Descargar todas as imaxes