Escoitar

O Concello edita unha guía de recursos para maiores

martes, 9 abr 2002
imx1276.jpg
Guía
A concellería de Benestar Social acaba de publicar a segunda edición da ”Guía das persoas maiores” coa que se pretende facilitar información sobre os programas e servicios que o Concello oferta a este colectivo. A guía tamén informa das asociacións de persoas maiores que están rexistradas no municipio, centros sociais e residencias para a terceira idade.

A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, manifestou que este grupo representa o 18% da poboación de Vigo e que ”é imprescindible que as persoas maiores participen activamente na vida social da cidade, xa que a súa experiencia é un dos elementos máis enriquecedores que podemos compartir”. O ano pasado beneficiáronse dos servicios e programas de Benestar Social 5.000 persoas de máis de 60 anos.

A guía ofrece información sobre o servicio de axuda no fogar, centro de día, programa de deportes, obradoiro de danza e percusión, Consello Municipal da Persoas Maiores, abono social de telefónica, exención da tasa de lixo e bono bus. Entre as actividades que se porán en marcha proximamente figuran sendeirismo, ioga e obradoiros de teatro.

Na publicación figuran os datos de 18 asociacións de persoas maiores rexistradas en Vigo, así como os enderezos e teléfonos dos centros sociais e das residencias da terceira idade.

Descargar todas as imaxes