Escoitar

Presentado o proxecto de estatutos da Asociación para o Deporte Base de Vigo

martes, 9 abr 2002
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou o proxecto de estatutos da Asociación para o Deporte Base de Vigo que ten, entre outros obxectivos, xestionar e acadar dos organismos públicos e das entidades privadas as axudas necesarias para o desenvolvemento xeral dos proxectos da asociación.

Esta agrupación terá como fin representar perante os organismos públicos e privados no ámbito do deporte os intereses e proxectos das entidades asociadas de cara a desenvolver programas comúns de promoción e melloras para o deporte base de Vigo. Proporalle ás entidades privadas e públicas a súa colaboración máis extensa no ámbito da promoción do deporte podendo suscribir os acordos e convenios que fosen necesarios e sexan considerados convenientes e beneficiosos para os obxectivos da asociación.

Fomentará, ademais, a interrelación entre os asociados, co fin de garantir unha mellor oferta de actividades nos distintos eidos de actuación.

As entidades deportivas que desexen ingresar na asociación solicitarano mediante un escrito, asinado polo seu presidente, dirixido á xunta directiva ou ó presidente.


CONTACTO