Escoitar

Santiago Domínguez entrega os premios do concurso radiofónico ”Chimpa nas ondas”

luns, 8 abr 2002
imx1267.jpg
Festa dos gañadores
Os gañadores do concurso radiofónico organizado pola Concellería de Xuventude para seleccionar os locutores do programa de información xuvenil ”Chimpa nas ondas”, que se emitirá os sábados en Radio Ecca, son Guadalupe González Vidal e Martiño Vázquez Baño.

O concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez, entregoulles na festa celebrada o venres pasado na sala Nashville os premios aos gañadores, que consistiron nunha cámara fotográfica dixital e nunha gravadora dixital. Os seis finalistas recibiron un agasallo conmemorativo. Na festa actuaron os grupos vigueses Vicus Spacorum e Mooncresta.

Das 73 gravacións recibidas no concurso, realizouse unha preselección cos seis participantes que presentaban a mellor calidade de locución, que tiveron que facer, ante os micrófonos, unha proba de redacción dunha noticia que presentaba certas dificultades de dicción.
Descargar todas as imaxes