Escoitar

Modificación no acceso de vehículos ao Barrio Histórico

venres, 5 abr 2002
Ante a urxente necesidade de realizar obras de reparación da rede de saneamento na rúa Gamboa, o departamento de Tráfico habilitou un novo acceso para os vehículos dos residentes no barrio ou para os que teñen que realizar labores de carga e descarga.

A nova rota, que permanecerá aberta de forma provisional é a seguinte: Baixada a S. Vicente-Rúa Alta-Eduardo Chao-praza de Almeida-Rúa Palma- Joaquín Yañez- Fermín Penzol. Unha vez rematadas as obras restablecerase a situación anterior.