O CES insta a Fomento a acelerar o proxecto de AVE entre Vigo e Ourense
O Consello Económico e Social de Vigo adoptou na súa última reunión, celebrada o xoves día 4, o acordo de instar ao Ministerio de Fomento a acelerar a elaboración do proxecto de conexión ferroviaria entre Vigo e Ourense mediante unha dobre vía de Alta Velocidade.
DECLARACIÓN DO CES DE VIGO
O Consello Económico e Social de Vigo adoptou na súa última reunión o acordo de solicitarlle ao Ministerio de Fomento que o futuro acceso ferroviario a Galicia en Alta Velocidade conecte de forma directa a área de Vigo con Ourense e o Eixo Atlántico. Os integrantes do CES seguimos considerando que a opción dun trazado en L é a que favorecería máis eficazmente o desenvolvemento de Galicia e do conxunto da Eurorrexión.
O compromiso político do presidente da Xunta se considera positivo na medida que abre unha expectativa favorable de que Vigo quede conectado directamente con Ourense a través dunha liña de Alta Velocidade e dobre vía. Este compromiso deberá concretarse no menor prazo posible mediante a aprobación do correspondente estudio informativo.
O CES de Vigo mantén a tese de que a construcción do eixo atlántico e o enlace ferroviario de Vigo con Ourense por medio da Alta Velocidade son requisitos imprescindibles para garantir que no futuro continúe o desenvolvemento económico da que é a principal área económica de Galicia. É por iso que o CES seguirá con atención os estudios e proxectos que elabore o Ministerio de Fomento sobre os novos accesos ferroviarios a Galicia velando para que se cumpra a demanda xusta de que a nosa bisbarra conte cunha infraestructura estratéxica para o seu futuro. Asemade, o CES insta ao Ministerio a que realice os correspondentes estudios no menor prazo posible e avance o calendario para a elaboración do proxecto, a execución da obra e as correspondentes previsións presupostarias.
O CES constituirá unha Mesa Técnica para colaborar e servir como interlocutora no seguimento dos proxectos elaborados polo Ministerio de Fomento.
O CES considera imprescindible que Vigo conte cunha saída sur que enlace a liña de Alta Velocidade do Eixo Atlántico coa fronteira portuguesa.