O Barrio Histórico disporá dunha nova escola infantil en Santa Marta
O alcalde, Lois Castrillo, e as concelleiras de Educación e Patrimonio Histórico visitaron a nova escola infantil de Santa Marta e a remodelación do contorno da igrexa de San Francisco pertencentes ao programa de rehabilitación do Plan Urban.
Coa posta en funcionamento desta escola infantil, incrementarase o número de prazas para rapaces menores de tres anos, o que suporá unha dotación máis para dignificar o Barrio Histórico, que aumenta así os servicios de cara a mellorar a calidade de vida da súa poboación máis nova e dos futuros habitantes da zona, explicou o alcalde.
O orzamento destinado á creación desta escola infantil foi de 214.936 euros, dentro das melloras ao tecido económico do Plan Urban. En breve, adxudicarase a súa xestión e no mes de xuño abrirá o prazo de matrícula para a súa entrada en funcionamento no vindeiro curso escolar.
A concelleira de Educación, Ana Gandón, sinalou que arredor de 90 nenos poderán ser atendidos nesta escola, posto que disporá dun horario moi amplo para facilitar a compatibilidade laboral coa responsabilidade familiar. Entre as características especiais deste centro destaca o servicio de coidado nocturno de rapaces para emerxencias. Esta é a terceira escola infantil que pon en marcha o Concello de Vigo.
San Francisco
A remodelación do contorno de San Francisco supón a renovación dunha zona degradada da cidade de cara á mellora do ámbito urbano. Cun orzamento de 582.280 euros, renovouse unha superficie de 1.600 m2 de pavimento e realizáronse obras necesarias para a conducción de auga, saneamento e cableados eléctrico e telefónico. Coa instalación de mobiliario urbano e alumeado público completarase esta actuación que embelece o contorno do único convento con fachada barroca de Vigo, indicou a concelleira de Patrimonio Histórico, Carmen Corbalán.
Máis de 100 m2 de locais comerciais foron renovados e, en breve, habilitaranse tres establecementos que disporán de modernas instalacións. Tamén se acondicionará un local reservado para a parroquia de San Francisco, unha das máis populares de Vigo.
Descargar todas as imaxes