Unha urbanización de vivendas unifamiliares para Navia
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o Estudio de Detalle da U.E. 1 “Tomada”, en Navia. Isto permitirá a creación dun complexo residencial e unha zona verde no mesmo corazón da parroquia.
A superficie ordenada abrangue 18 mil metros cadrados a carón da Alameda e a igrexa de Navia. Case a metade dese terreo reservarase para zona verde como ampliación da Alameda. No resto construiranse ata 43 vivendas unifamiliares que estarán comunicadas por un vial de nova creación.
Na sesión de hoxe do Consello da Xerencia tomouse tamén a decisión de permitir que algúns dos novos edificios que se construirán no polígono de Navia dispoñan de tres andares de soto. Deste xeito poderán cumprir coa obriga recollida no Pxou vixente de que cada inmoble conte cunha praza de aparcamento por vivenda e que as prazas teñan unha superficie mínima de 25 metros cadrados.