Concédense novas axudas para a rehabilitación de vivendas no Barrio Histórico
A Comisión de Goberno aprobou, entre outros, diversas axudas para a rehabilitación de inmobles na Área de Rehabilitación Casco Vello, o convenio para o mantemento do servicio de préstamo do Centro de Estudios sobre a Condición da Muller de Alecrín e a adhesión a un convenio pola promoción da accesiblidade no transporte público.
Concedéronse axudas para rehabilitar elementos comúns do edificio situado na rúa Alta nº 22, mediante as que se beneficiaron sete vivendas. A subvención concedida é de 12.802 euros.
Outorgáronse tamén subvencións para as actuacións realizadas nas vivendas situadas na rúa Funil nº 4-1º (14.298 euros), na rúa Esperanza nº 10-B (26.771 euros) e na rúa San Bernardo nº 3-2º (4.074 euros). Entre outras obras, colocouse o pavimento de pedra en portais, acondicionouse o cadro eléctrico, restaurouse a carpintería de madeira interior, colocáronse caixas de correo novas e mellorouse a instalación de fontanería desde a rede ata a acometida ás vivendas.
Aprobáronse, de forma provisional, axudas para actuacións na rúa San Vicente nº 10, por 8.866 euros: na rúa Fermín Penzol nº 16-2º, por 9.632 euros e na rúa Real 24, 1º E, por 6.542 euros.
Estas axudas pertencen ao programa que executa o Concello de Vigo, a través da Oficina de Rehabilitación, coa colaboración do IGVS e do Ministerio de Fomento.
Aprobado o proxecto de convenio de colaboración co Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín
A Comisión de Goberno aprobou o proxecto de convenio que garante o libre acceso do público ao Centro de documentación e biblioteca Alecrín.
Este convenio, mediante o que o Concello achegará 24.040 euros para o funcionamento deste centro durante o 2002, permitirá un servicio gratuíto ao público a través do préstamo de libros, de difusión de actividades a través de internet e da colaboración interbibliotecaria.
O horario deste centro será de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas, de luns a venres.
Desde a Concellería da Muller considérase necesario desenvolver as accións encamiñadas a divulgar as contribucións culturais, sociais e científicas elaboradas por homes e mulleres desde unha perspectiva de xénero. Esta difusión propiciará un cambio de mentalidade e facilitará a incorporación da muller á sociedade en tódolos eidos.
Aprobada a adhesión do Concello de Vigo pola promoción da accesibilidade no transporte de viaxeiros
O INSERSO e a Federación Española de Municipios e Provincias concedéronlle unha subvención de 45.075 euros ao Concello para a empresa concesionaria do transporte público de viaxeiros debido á incorporación de cinco autobuses accesibles á flota.
Os vehículos, Mercedes 0530 Citaro Euro, miden 12 metros e están dotados de rampas motorizadas e de sistemas de inclinación. Na actualidade, funcionan en Vigo 50 autobuses de plataforma baixa que facilitar o acceso dos viaxeiros. Existe tamén un autobús específico para o transporte de persoas con minusvalías físicas, con capacidade para sete cadeiras de rodas, que foi utilizado por 3.950 viaxeiros durante o pasado ano.