O alcalde anuncia que todo o municipio disporá de saneamento no prazo de dous anos
Todas as vivendas do término municipal de Vigo disporán de saneamento no prazo de dous anos. O anuncio fíxoo o alcalde, Lois Castrillo, trala sinatura dun convenio con Seragua FCC, concesionaria do servicio de abastecemento e saneamento de auga, polo que esta entidade se compromete a completar a rede de saneamento da cidade investindo 6.477.912 euros.
Na actualidade estanse executando obras de ampliación da rede principal de saneamento por valor de 10 millóns de euros. Están xa aprobados proxectos que suporán un investimento de preto de 10 millóns máis. O convenio con Seragua garante que, unha vez rematadas as obras anteriores, se poida ofrecer este servicio a aquelas vivendas unifamiliares dispersas polo contorno rural que están alonxadas das redes principais.
Lois Castrillo subliñou o esforzo financeiro que se está a levar a cabo dende o Concello, coa colaboración doutras administracións, para proporcionarlle a toda a poboación de Vigo un servicio básico como é o do saneamento. O alcalde lembrou que o Goberno municipal está a cumprir a súa promesa de mellorar durante este mandato dous servicios públicos esenciais para ofrecerlle aos vigueses máis calidade de vida: o transporte público e o saneamento. Coas obras en marcha, garántese que tamén os residentes nas parroquias dispoñan deste último servicio.
O concelleiro de Vías e Obras, Uxío González, agradeceulle ao movemento veciñal a colaboración prestada para poder desenvolver os proxectos en marcha.
No convenio asinado polo alcalde con Seragua FCC recóllese a realización de obras para completar o saneamento das parroquias de Alcabre, Castrelos, Sárdoma, Cabral, Saiáns, Lavadores e Navia.