Medalla da Cidade e Vigueses Distinguidos
O alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, outorgaralle a Medalla da Cidade ao Centro Portugués de Vigo no trascurso do acto de conmemoración da Reconquista da Cidade que terá lugar hoxe ás 20 horas no Centro Cultural Caixanova. Na cerimonia o alcalde tamén entregará os galardóns ás viguesas e vigueses distinguidos correspondentes ao ano 2002. Os persoeiros e colectivos que recibirán a distinción son Luis Martínez Salgado, Antía Cal, Abertal, Juan Pinzás, Socorro Ocampo e Alberto Durán.
Medalla da Cidade
O Pleno extraordinario do 25 de marzo de 2002 decidiu, por aclamación, concederlle a Medalla da Cidade ao Centro Portugués de Vigo, entidade que celebra este ano o seu 75 aniversario.
O Centro Portugués de Vigo fundouse en 1927 co obxectivo de reunir aos portugueses residentes na área de Vigo e axudalos a integrárense na sociedade galega.
Nos últimos anos, trala entrada de España e Portugal na Unión Europea, o Centro orientou as súas actividades á divulgación da lingua e cultura lusas a través de exposicións, conferencias, concertos ou cursos de portugués. Deste xeito fixo unha enorme contribución a aumentar o coñecemento e as relacións entre as dúas comunidades veciñas.
Cumpridos 75 anos de existencia, ese espírito está cada vez máis arraigado e constitúe unha maior motivación para que o Centro Portugués continúe dando a coñecer a realidade portuguesa á sociedade galega.
Vigueses e Viguesas Distinguidos
Nesta edición de recoñecemento aos ”Vigueses Distinguidos” o Concello decidiu nomear a cinco persoeiros e un colectivo polo seu destacado labor nos ámbitos deportivo, social, económico, educativo, cultural e de compromiso social.
Colectivo Abertal
Unha das máis veteranas asociacións xuvenís de Vigo (foi fundada en 1979). Conta con máis de 200 socios e socias que organizan múltiples actividades e colaboran de forma entusiasta cos programas municipais dirixidos á mocidade (formación de animadores, campamentos urbanos, campañas de solidariedade con ONGs…) A asociación foi creada co fin de promover a formación persoal e social dos mozos e mozas a través de actividades culturais e recreativas e así o fai dende hai máis de 20 anos fomentando valores de solidariedade e xustiza.
Antía Cal
Impulsora do movemento de renovación pedagóxica en Vigo. En 1961 abriu o colexio Rosalía de Castro, escola pioneira na nosa cidade na que se introduciron sistemas de ensino inspirados nos novos movementos pedagóxicos europeos. Foi a primeira escola na que se impartiu clase en galego. Antía Cal defendeu a cultura galega e introduciu ideas progresistas e anovadoras no mundo do ensino nunha época na que as escolas estaban presididas polos principios do Movemento franquista.
Alberto Durán
Empresario, ex–concelleiro, ex–deputado en Cortes, ex–deputado do Parlamento Galego. Foi un dos artífices de que a regata Cutty Sark fixese escala en Vigo. É cónsul honorario de Noruega e Suecia. Dirixe as empresas Estanislao Durán e Hijos S.A., Viajes Durán S.A.
Luis Martínez Salgado
Presidente da Agrupación Galicia Social, dende a que impulsa actividades culturais, deportivas e de carácter solidario. Ademáis mantén dende hai máis de 60 anos un activísimo labor de apoio ao deporte de base, a través da creación de diversos clubes (Areosa, Juventud), da súa participación como directivo (Federación Galega de Balonmán) e da difusión da actividade deportiva nos medios de comunicación.
Socorro Ocampo
Pediatra no Hospital Xeral de Vigo. Dirixe a sección de lactantes. Realiza dende hai anos un meritorio labor de apoio aos nenos e nenas con VIH e ás súas familias.
Juan Pinzás
Representante da nova xeración de directores que se converteu no cineasta galego máis premiado internacionalmente. No seu currículo figuran unha morea de curtametraxes e catro películas: “A gran comedia”, “O xogo das mensaxes invisibles”, “A lenda da doncela” e “Érase outra vez”. Esta última foi a primeira película Dogma do cine español. Entre os premios que acadou cabe citar o Colón de Plata do Festival de Cine Iberoamericano de Huelva ou a Garza de Oro do Festival de Cine Hispano de Miami.
Descargar todas as imaxes