Escoitar

O alcalde participa na integración de Relacións Laborais na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

martes, 26 mar 2002
imx1241.jpg
García, Castrillo e Docampo
O alcalde e presidente do Padroado da Escola Universitaria de Relacións Laborais, Lois Castrillo, e o rector da Universidade de Vigo, Domingo Docampo, asinaron un documento preciso para a integración destes estudios na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

Castrillo sinalou que os estudios de Ciencias Xurídicas e do Traballo veranse reforzados con esta integración, que fornecerá de profesionais as empresas para contribuír ó desenvolvemento da economía da cidade no futuro.

Docampo explicou o procedemento emprendido hai tres anos e dixo que, tralo acordo do claustro e a contemplación na programación plurianual, a Xunta de Galicia xa aprobou un decreto polo que se crea a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo no Campus de Vigo. Este proceso foi cualificado como modélico, por seguir co programa marcado, flexible e sensato.
Descargar todas as imaxes