Mocións aprobadas pola Corporación municipal
A Corporación aprobou unha moción na que insta á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Fomento a realizaren obras urxentes no tramo da autovía A-52 O Porriño-Mos-Vigo coa supresión de curvas, mellora de accesos, supresión de pendentes e aquelas que redunden na seguridade e servicio desta vía.
O contido desta moción e do acordo plenario trasladaránselles aos grupos parlamentarios para que se interesen por esta actuación.
Composición do Consello Económico e Social
O Pleno acordou pasar á consideración do Consello Económico e Social cambios na súa composición para afondar nas formulacións de participación social de cara a nomear membros de pleno dereito o presidente da Autoridade Portuaria e o delegado do Estado na Zona Franca. Para iso, o propio CES principiará o proceso para introducir os cambios máis convenientes no seu documento fundacional, segundo se estime conveniente.
O Concello asumirá a obriga, sempre que se vaia tratar calquera tema de importancia económica ou social para Vigo e a súa área de influencia, de convocar o C.E.S. antes de tomar calquera decisión municipal.
Ensino
Aprobouse tamén unha moción pola que se elaborará, de forma coodinada coa Xunta de Galicia, un plano de creación de escolas infantís naquelas zonas da cidade que teñan máis necesidade.
A Corporación esixirá tamén da Xunta de Galicia a urxente regulación normativa de programas de educación compensatoria para os colectivos con problemas de escolarización. Consideran que inmigrantes, minorías étnicas, alumnado con dificultades de integración nas aulas ordinarias ou con problemas de conducta precisan unha efectiva integración social e a eliminación de posibles causas de exclusión.
Nomes de rúas
A Corporación aprobou as mocións conxuntas dos grupos municipais que propuñan dar o nome de Carlos Casares a unha praza ou rúa da cidade e de II República á denominada Baixada a Príncipe. Aprobouse tamén por unanimidade dar o nome de E. Alonso ”Xalueiro” a unha praza ou rúa de Sárdoma.
Festa da Reconquista
A aprobación dunha moción de urxencia permitirá presentar a documentación necesaria para cursar a solicitude de declaración da Festa da Reconquista de Interese Turístico Nacional.