Declaración do Concello de Vigo con motivo do asasinato de Juan Priede
ETA volveu matar levando o loito a unha familia e a dor a todos os que temos os dereitos humanos como bandeira. A víctima volve ser un concelleiro, un representante da vontade dos cidadáns, pero puido ser calquera outra persoa porque o fanatismo non distingue á hora de escoller os seus obxectivos.
Toda a sociedade está no punto de mira dos terroristas: todos somos víctimas potenciais, porque todos sentimos noxo ante os que empuñan as armas para combater o estado de dereito.
Unha mañá máis os vigueses e viguesas concentrámonos para proclamar en silencio o noso desexo de paz e a nosa máis profunda repulsa ante as accións de quen intenta impoñérmonos a súa vontade utilizando a violencia. Aquí nos reuniremos sempre que sexa necesario: sempre que alguén empregue a forza para atentar contra a convivencia.
A corporación municipal, en nome da cidadanía viguesa, manifesta o seu rexeitamento rotundo ante todo tipo de práctica violenta. Confiamos na tolerancia e o respeto aos dereitos fundamentais como as normas de comportamento que nos permitirán seguir progresando cara unha sociedade máis xusta.
Hoxe sentímonos todos afectados polo último asasinato terrorista. Compartimos o sentimento de pesar da familia de Juan Priede e o dos seus compañeiros de corporación e de partido. Dende aquí transmitímoslles o noso ánimo e solidariedade. Estamos con eles e con todos os que sufriron directamente o criminal golpe de ETA, e manifestámolo con actos coma este, no que refrendamos a unidade dos defensores do estado de dereito fronte a aqueles que o pretenden derrubar. Temos que lle demostrar a ETA que a ameaza do terror non vai dobregar a nosa firmeza, alimentada pola convicción de que a liberdade, a democracia e o respeto aos dereitos humanos son os valores supremos da nosa sociedade.
Vigo, 22 de marzo de 2002.
Descargar todas as imaxes