O Concello inclúe 50 obras na cuarta fase do programa de rehabilitación do Barrio Histórico
A Oficina de Rehabilitación do Concello de Vigo presentou a relación de actuacións previstas na cuarta fase do Programa de Rehabilitación de Vivendas do Barrio Histórico. En total son 50 obras entre as que está incluída a rehabilitación de 5 edificios completos.
Os edificios escollidos para seren rehabilitados nesta fase do Programa que executa o Concello coa colaboración do IGVS e do Ministerio de Fomento son: Elduayen 14: Ferrería 37: Constitución11: Ferrería 53 e Méndez Núñez 14. Asemade, seleccionáronse 11 solicitudes para acondicionar vivendas e 21 proxectos de arranxo de elementos comúns de edificios. O presuposto total estimado destas obras é de 1.271.000 euros.
Cos proxectos anteriores, son xa 199 as actuacións seleccionadas pola Oficina de Rehabilitación do Concello para recibir axudas. A meirande parte desas obras xa comezaron e medio cento delas están rematadas. Recentemente, o alcalde, Lois Castrillo, e o conselleiro de Política Territorial, Xosé Cuiña, asinaron un protocolo de colaboración para que Concello e Xunta continúen desenvolvendo este programa de rehabilitación nos próximos anos.