Principia a plantación de arborado e arbustos na Travesía de Vigo
A Concellería de Montes, Parques e Xardíns inicia a segunda fase de axardinamento na Travesía de Vigo consistente na plantación de arborado e arbustos na mediana, beirarrúas e rotondas de cara a mellorar a imaxe estética da zona. O presuposto da primeira fase foi de 72.121 euros (12 millóns de pesetas) e agora investiranse 36.060 euros (6 millóns de pesetas) máis.
Os criterios de elección do arborado son a resistencia á contaminación e ás condicións adversas, ademais dos efectos cromáticos de tonos outonais con floración en distintas épocas para manter a variedade de color durante todo o ano. Especies ornamentais de pereiras (Pyrus calleryana), cerdeiras (Prunus avium ”plena”), árbores do amor (Cercis siliquastrum) e laranxeiras amargas (Citrus aurantium) plantaranse nos próximos días nesta zona.
As cinco especies de arbustos elixidas (Escallonia rubra, Lavandula stoechas, Prunus laurocerasus, Abelia floribunda e Spirea thumbergii) son resistentes, forman masas compactas, admiten a poda, teñen floración e algunhas delas son aromáticas. Con estes arbustos tapizaranse os alcorques.
Esta actuación favorecerá a humanización da Travesía de Vigo e contribuirá a crear un contorno máis amable mediante un modelo de xardinería sostible nun espacio urbano, que mellorará a riqueza botánica e visual para os seus habitantes.
Preténdese diminuír o impacto que produce unha vía destas características enclavada nunha zona urbana cunha alta densidade de habitantes e edificacións, aumentando a ornamentalidade mediante o axardinamento de espacios públicos tendo en conta as características tanto dimensionais como ambientais para conseguir áreas verdes compatibles co contorno.
Descargar todas as imaxes