Escoitar

O Concello dedicaralle unha rúa á Segunda República

luns, 18 mar 2002
A Comisión de Goberno acordou trasladarlle ao Pleno da Corporación municipal a proposta de denominar “rúa da Segunda República” o que ata agora se coñece como Baixada a Príncipe. O Goberno municipal recolle así a petición dun bo número de organizacións políticas e sociais que botaban en falta unha homenaxe da cidade ao sistema democrático abatido pola forza das armas na guerra civil.


O Concello acondiciona un local para a Federación de Peñas El Olivo.

A Comisión de Goberno vai contratar, polo procedemento negociado, as obras de reforma e acondicionamento do local que lle vai ceder á Federación de Peñas El Olivo para que instale alí a súa sede. O local ten unha superficie de 262 m2 e está situado na praza de Galegos Ilustres. O investimento previsto polo Concello para preparar a sede da Federación de Peñas é de 96.151 euros.