Comeza a construcción dunha residencia para persoas maiores no Meixoeiro
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, e a conselleira de Asuntos Sociais, Corina Porro, colocaron hoxe a primeira pedra dunha nova residencia para persoas maiores que se vai construír no Meixoeiro. A residencia ubicarase nunha parcela de 7.700 m2 cedida á Xunta polo Concello.
Lois Castrillo puxo este proxecto como exemplo da colaboración que o Concello vén mantendo nos últimos anos con todas as administracións, neste caso coa Xunta e coa Entidade Local de Bembrive. O alcalde subliñou o traballo da Administración municipal para mellorar a calidade de vida dos vigueses en todos os ámbitos. No eido da atención ás persoas maiores, o Concello está a impulsar a creación de máis residencias e centros de día para paliar o déficit de prazas existente. Lois Castrillo lembrou as xestións realizadas para permitirlle á congregación dos Anciáns Desamparados abrir a súa residencia de Alcabre e o convenio asinado cunha entidade privada para crear un xeriátrico nos terreos municipais de Barreiro. Cando se poñan en servicio as residencias de Barreiro e do Meixoeiro, Vigo contará con trescentas prazas asistenciais máis para anciáns.
O centro que se vai construír no Meixoeiro contará con dous módulos residenciais de 45 prazas cada un e con outros dous módulos de 30 prazas cada un para enfermos crónicos e con problemas síquicos. O investimento previsto pola Xunta é de 5.395.018 euros.
Descargar todas as imaxes