O presidente do Centro Portugués destaca o honor e responsabilidade que supón recibir a Medalla de Ouro da Cidade
O Concello entregaralle a Medalla da Cidade ao Centro Portugués de Vigo, entidade que celebra este ano o seu 75 aniversario.
O presidente honorario deste centro, Mario Soares, explicou que este galardón ”supón un grande honor e un recoñecemento profundo do Concello de Vigo ó labor realizado, ademais dunha grande responsabilidade do Centro Portugués de cara á comunidade portuguesa”.
Este centro fundouse en 1927 co obxectivo de reunir aos portugueses residentes na área de Vigo e axudalos a integrárense na sociedade galega. Nos últimos anos, trala entrada de España e Portugal na Unión Europea, orientou as súas actividades á divulgación da lingua e cultura lusas a través de exposicións, conferencias, concertos ou cursos de portugués, o que contribuiu a aumentar o coñecemento e as relacións entre as dúas comunidades veciñas.
Na década dos anos 30 e 50 do século pasado, o centro era coñecido polos seus famosos bailes e as continuas excursións a Portugal tanto de portugueses como de socios galegos, que xa entón mantiñan unha relación de irmandade, e estaban desexosos de coñeceren este país.
O Centro Portugués desempeñaba un papel importante pois, a través del, moitos traballadores tiñan unha boa acollida no mundo laboral e facilidades para acadar os trámites da súa documentación. A procura no mercado de traballo das especialidades portuguesas en cantería, xoeiría e ebanistería, entre outros, aínda está na lembranza dalgúns alumnos que reviven o que deles aprenderon.
No capítulo deportivo pódense sobrancear os variados trofeos que foran gañados por esta asociación principalmente nas modalidades de fútbol sala, tenis de mesa e atletismo, tanto a nivel local como provincial ou autonómico.
Tanto antes coma despois da revolución que conseguiu a entrada da democracia, o Centro Portugués sempre tivo o coidado de manter unha cláusula dos estatutos que non permite a utilización desta colectividade para fins políticos ou relixiosos, o que non implica que cada socio mantivese a súa crenza partidaria e actuase conforme ás súas ideas.
Coa entrada na CEE, os portugueses deixaron de ser inmigrantes para ser cidadáns europeos, o que permitiu unha nova visión do futuro do centro, ampliando e baseando o seu grande esforzo na realización de actividades a favor da divulgación da lingua e cultura portuguesas a través de exposicións, conferencias, música, folclore, pintura, historia, costumes...
Os cursos de portugués permitiron unha maior unión cos veciños da cidade que se volcaron en aprenderen un novo idioma e adquiriren un coñecemento da cultura e das realidades de Portugal.
As visitas de personalidades importantes a Vigo comezan a dar unha idea do realce dos actos. Alí estiveron persoeiros como o ex-presidente da República Mario Soares, o mariscal Gomes da Costa, o secretario de Estado das Comunidades Xosé Lello, Duarte Duque de Bragança ou o secretario da Asamblea da República Xosé Cesário.
O Centro Portugués de Vigo foi un dos primeiros existentes e impulsou ideas innovadoras como a creación da primeira Cámara luso-española e a realización das primeiras Xornadas Galaico-Portuguesas.
Cumpridos 75 anos de existencia, ese espírito está cada vez máis arraigado e constitúe unha maior motivación para que o Centro Portugués continúe dando a coñecer a realidade portuguesa á sociedade galega.
Descargar todas as imaxes