A artista Cuqui Piñeiro deseñou o galardón dos Vigueses Distinguidos 2002
O galardón que se lles outorgará aos Vigueses Distinguidos o vindeiro mércores, 27 de marzo, é unha oliveira de bronce realizada pola artista Cuqui Piñeiro. Con esta condecoración preténdense valorar os esforzos de homes e mulleres que traballan pola cidade desde o seu ámbito laboral e homenaxear a artistas que, desde o seu compromiso, contribúen a enriquecer a cultura.
Cuqui Piñeiro explicou que Vigo estaba necesitado dunha peza representativa da cidade e por iso escolleu a oliveira como elemento simbólico para o deseño deste galardón. A árbore encaixa na obra artística de Cuqui Piñeiro, integrada por elementos vexetais e mariños que representan a natureza en tódalas súas formas.
”A dificultade técnica desta peza é que non se pode reproducir de forma seriada, polo que son nove árbores orixinais coas follas colocadas unha por unha”, explicou a escultora.
Actos previstos
O sábado, 23 de marzo, ás 17:00 inaugurarase o mercado de artesanía e media hora despois celebrarase un acto simbólico pola paz que consistirá na solta de pombas na praza da Constitución. Haberá tamén unha ruada de músicos tradicionais, xigantes e cabezudos.
Ás 19:00, Títeres Cachirulo representa ”El-rei Artur e a abominable dama” na praza da Princesa e ás 21:30 celebrarase un concerto de grupos tradicionais galegos Faioco, Ardentía e de folk francés Skolvan, ademais dun baile participativo, con danzas francesas e galegas.
Os actos previstos para o domingo, 24 de marzo, céntranse no mercado de artesanía na praza da Constitución, rúas e prazas do Casco Vello durante todo o día. Ás 11:00 iniciarase a mostra de oficios tradicionais e ás 17:00 será a representación teatral da Reconquista para chegar ás 20:00 á festa participativa cos personaxes e grupos convidados na praza da Constitución.
Curriculum de Cuqui Piñeiro
Selección e montaxe a Obra de Xoan Piñeiro na Exposición Antolóxica-Homenaxe. Caixa de Aforros de Vigo (29 novembro-8 decembro de 1981), salas de Exposición da Caixa de Aforros de Galicia en Santiago e A Coruña (4 ó 16 xaneiro/19 ó 30 xaneiro de 1982).
Certificación académica. Título de licenciada en Xeografía e Historia, especialidade de Historia da Arte Moderna e Contemporánea. Universidade de Santiago de Compostela (xullo de 1983)
Tese de licenciatura sobre a Obra Plástica de Xoán Piñeiro coa cualificación sobresaliente, Facultade de Xeografía e Historia. Universidade de Santiago de Compostela. (Decembro de 1986)
Cursos de Terceiro Ciclo de Doutorado coa cualificación de sobresaliente. Facultade de Xeografía e Historia. Universidade de Santiago de Compostela (decembro de 1986)
Coordinadora da primeira Exposición de Artistas Galegas organizada por Alecrín. Centro de Estudios da Muller. Concello de Vigo (xuño de 1987)
Montaxe técnica da exposición, maquetación e textos de catálogo Xoán Piñeiro de 1920 a 1980- Palacio Municipal de Exposicións Kiosko Alfonso. A Coruña (xullo de 1988).
Profesora de Historia da Arte na Casa de Oficios Artesanía Téxtil. Concello de Vigo (do 12 de xuño ó 3 de setembro de 1989)
Comisaria da Exposición II Bienal de Artistas Galegas. Casa das Artes. Concello de Vigo (do 29 de marzo ó 30 de abril de 1990). Publicación catálogo.
Comisaria da Exposición Xoán Piñeiro 1920-1980. Castelo de Soutomaior.
Publicación de libro sobre o artista. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. (agosto
de 1990)
Constitución e xerencia da empresa ARTE BRONCE FUNDICION, sociedade limitada. (1991)
Titulación de Carta Artesán e Taller Artesán. Xunta de Galicia. 25 Abril de 1995.
Monitora de Curso de Formación Ocupacional ceramista-modelador-escultor de 550 horas (setembro 1995-febreiro 1996). Arte Bronce Fundición. Goián-Tomiño. Pontevedra.
Curso de Metodoloxía Didáctica para Formación Ocupacional no proxecto de Formación de Formadores da Consellería de Familia e Benestar Social da Xunta de Galicia (maio 1996).
Primeira Exposición de Bronces de Pequeno Formato. Inauguración da Tenda-Exposición nas instalacións do Taller Arte Bronce Fundición en Goián. Pontevedra
Colectiva. Xullo 1996.
I Stand de Arte Bronce Fundición. Bienal de Vilanova de Cerveira. Portugal. Agosto 1997
Exposición de Bronces na sala Banco Bilbao Vizcaya, Vigo, decembro 1997.
Directora da Fundación Xoán Piñeiro. Goián. Setembro de 1998.
Exposición de Bronces no Lagar do Alvarinho. 1 a 20 de Setembro 1998. Melgaço. Portugal.
Exposición de Bronces na Casa da Xuventude. Tui. Maio de 1999.
Exposición de Bronces na Área Panorámica de Tui. Abril de 2000.
Exposición de Bronces na Casa da Xuventude de Tui. Maio 2000.
Exposición nas instalacións do Taller Arte Bronce Fundición en Goián. Pontevedra. Colectiva. Xuño 2000.
Dirección da I Bolsa de Traballo e Investigación en fundición á cera perdida. Organizado pola Fundación Xoán Piñeiro en Arte Bronce Fundición. Goián. Febreiro de 2000.
Exposición na Galería Batik de Barcelona. Do 27 de decembro ó 15 de xaneiro. 2001/2002
Descargar todas as imaxes