O edificio do ciber Castro terá nova imaxe a base de graffiti
Un grupo de xoves pertencentes ó programa da concellería de Xuventude “Móvete con Vigo” decorarán con graffiti a fachada que dá cobertura ó espacio xove “Súbete ó Castro”. A obra realizarase dende o xoves 28 de marzo ata o luns 1 de abril.
Esta actividade está englobada dentro da liña de acción iniciada pola concellería de Xuventude para tratar de mellora-la imaxe pública da arte do graffiti, deteriorada polas accións dalgúns xoves que pintan sen valor artístico algún e indiscriminadamente en edificios, pezas de arte, etc.
Así pois, o primeiro paso foi poñer en marcha cursos para aqueles mozos e mozas que queiran iniciarse e ou perfeccionarse na arte do graffiti. Estes cursos, que terán continuidade nos meses de abril e maio no espacio xove “Súbete ó Castro”, teñen como obxectivo encauzar esta inquedanza dos xoves de cara a unha expresión artística. De feito, varias empresas da cidade xa ofertaron deixa-los seus muros e paredes para que dende a Concellería de Xuventude se coordine e sexan empregados polos graffiteiros, sen daña-la imaxe da cidade.
Para os artistas máis experimentados está previsto ceder máis fachadas de edificios públicos da cidade, para algunhas das cales xa están preparando bocetos.
Tamén está previsto publicar un fanzine que recolla as pezas realizadas co apoio e xestión da concellería de Xuventude.