O Concello tramita a catalogación do edificio ”Cesáreo González”
O Concello de Vigo estudia a catalogación como edificio a conservar do inmoble coñecido como “Cesáreo González”, unha casa de cinco alturas situada no número 1 da praza de Portugal. Este edificio, proxectado polo arquitecto Francisco Castro Represas en 1938, é un dos primeiros e máis interesantes exemplos existentes na nosa cidade de arquitectura racionalista e das vangardas do “movemento moderno”.
O inmoble mantense na actualidade sen sufrir alteracións respecto á súa configuración orixinal: cimentación e estructura de formigón, fachada de ladrillo, solados de tarima de madeira, carpintería exterior de madeira de castaño…
O departamento de Patrimonio Histórico do Concello xa emitiu un informe favorable á catalogación dentro do Plan Especial de Edificios a Conservar. Actualmente, a proposta está a ser avaliada pola Comisión de Seguimento do PEEC, que terá que tomar unha decisión de acordo cos criterios de catalogación: valor estético do edificio, significado no conxunto urbano e grao de sustituibilidade en relación co estado de conservación.