Escoitar

Comezan os trámites da segunda fase da humanización do Calvario

luns, 8 abr 2002
imx1269.jpg
Xabier Toba
A Comisión de Goberno puxo en marcha hoxe o proceso para a contratación da segunda fase das obras de humanización do barrio do Calvario. Dende a pasada semana estase traballando na remodelación da rúa Urzaiz no treito comprendido entre as rúas León e Aragón. Eses traballos durarán aproximadamente catro meses.

O Goberno municipal ten a intención de que inmediatamente despois se execute xa a segunda fase da obra, que completará a humanización da rúa dende o cruce dos Choróns ata Martínez Garrido. Para iso, decidiuse contratar por procedemento negociado a redacción do correspondente proxecto, para o que se dedicará un orzamento de 30.000 euros.

Descargar todas as imaxes