Escoitar

O Concello recupera 47 lavadeiros

O alcalde de Vigo visitou está mañá O Gorxal, onde se procedeu a recuperación dun lavadeiro tradicional dentro do Plan de Recuperación e Restauración de Lavadeiros que se está a executar desde xaneiro do 2008. O Plan establece a recuperación dun total de 47 lavadeiros por un importe de 203.288 €.

venres, 30 out 2009
Na actuación do Plan de recuperación traballaron 100 persoas procedentes do INEM, do taller de Vías e Obras e traballadores do Plan UTIL de Promoción Económica do Concello. As actuacións realizaronse en lavadoiros de Beade, Cabral, Candeán, Coruxo, Freixeiro, Lavadores, Matamá, Oia, Teis, Valadares, Espedrigada, Sampaio, Dr. Corbal e Zamáns.

No transcurso da visita, o alcalde informou sobre a nave incendiada en setembro do ano pasado, manifestando que os técnicos de urbanismo e os propietarios da nave están a traballar nun proxecto de instalación nova que se axuste á legalidade e que a próxima semana haberá unha reunión neste senso.

Abel Caballero resaltou que ata o momento realizaronse 80 actuacións de control sobre as empresas que limitan co curso do Lagares. Das 80 empresas revisadas , 27 tiñan autorización de verquidos; 21 con autorización en trámite; 32 sen autorización de verquidos; 53 con licencia e 27 sen licencia.
As inspecións do Lagares foron realizadas pola brigada medioambiental da policia local e as mediciós polo laboratorio municipal.