Escoitar

O tenente de alcalde da dez días de prazo aos donos do edificio da rúa Real para demolelo ou actuará o Concello

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, afirmou este venres que a situación do inmoble da rúa Real, que onte obrigou ao desaloxo do inmoble contiguo, "está controlada" pero que nun prazo máximo de dez días, se os propietarios non executa a demolición como é a súa obriga, será o Concello quen a acometerá. "Faga quen faga a demolición, o custo repercutirá no dono do inmoble", sinalou tras a inaguración da reforma das rúas Fermín Penzol, Xoaquín Yáñez e Ballesta.

venres, 30 out 2009
Santi Domínguez asegurou que a Xunta de Goberno Local tramitará pola vía de urxencia un expediente para actuar sobre as fachadas que presenten riscos de derruba. O nacionalista salientou que é preciso actuar o "máis rapidamente posible, aínda que os trámites non sempre o permiten". A respecto do inmoble da rúa Real explicou que xa tiña varios expedientes abertos e unha orde de execución, que ata o de agora os seus propietarios non acataron.

O tenente de alcalde indicou que o xoves tras ter coñecemento do que estaba acontecendo nese edificio o Concello actuou "inmediatamente". Explicou que o concelleiro de Patrimonio Histórico se trasladou á zona para coñecer de primeira man a situación do edificio e adoptar as medidas de actuación a seguir. Santi Domínguez indicou que a rúa permanecerá pechada ata que estea garantida a seguridade na zona.