O programa ”Aprender a convivir” preséntase nun encontro estatal en Córdoba
A concelleira de Educación, Ana Gandón, presentará o programa educativo municipal ”Aprender a convivir” no V Encontro da Rede Estatal de Cidades Educadoras que baixo o título ”Perspectivas locais diante do proceso de globalización” se celebra en Córdoba entre os días 22 e 24 de novembro.
No Encontro serán expostas iniciativas didácticas de 30 cidades co obxectivo de reflexionar sobre o traballo que desenvolven os concellos para xerar unha cidade educadora, as metas alcanzadas e as novas propostas fronte a unha nova orde social e un novo modelo de cidadanía.
”Aprender a convivir” é unha iniciativa do colectivo de educadores/as pola paz (Vigo, 1983) integrado dende a súa fundación no Movemento de Renovación Pedagóxica ”Nova Escola Galega”. O programa pretende ofertar recursos para construír unha convivencia máis sana e respectuosa entre todos e todas, democrática, solidaria e sen ningún tipo de discriminacións e violencias.
O programa posibilita unha reflexión sobre a problemática actual da convivencia dentro dos centros escolares, así como das liñas de actuación educativa baseadas na participación da comunidade educativa, a mediación como técnica de resolución non violenta de conflictos e o impulso dunha cultura de paz asentada nos dereitos humanos e nos valores de respecto, tolerancia, democracia e igualdade.