Escoitar

Última semana para presentar obras pictóricas ó premio ”Bienal Eixo Atlántico”

martes, 20 nov 2001
O prazo de presentación de pinturas para participar na quinta edición do premio ”Bienal Eixo Atlántico” conclúe o venres, 23 de novembro. Unha selección de 40 obras formarán parte da Bienal itinerante que percorrerá 18 cidades de Galicia e da Rexión Norte de Portugal co obxectivo de favorecer o coñecemento mutuo da creación pictórica na Eurorrexión.

O concurso está dotado con 3.000 euros para o gañador do primeiro premio e 1.500 euros para os restantes. O xurado está presidido polo pintor vigués Pedro Solveira e forman parte do mesmo Armando Alves, Mercedes Stoffell, Carlos del Pulgar e José Camilo Iglesias.

A Bienal iniciarase en xaneiro en Braga e está promovida polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, Caixanova e Nova Galicia Edicións.

BASES DO CONCURSO