David Fons e Emilio Boil: pezas clásicas para viola e piano no Festival Are-More
O festival Are-More presenta no concerto do xoves, 22 de novembro que se celebrará no auditorio ”Martín Códax” do Conservatorio de Vigo, varias adaptacións de pezas clásicas que se interpretarán con viola e piano: os protagonistas serán dous novos intérpretes David Fons e Emilio Boil, que colaboraron xuntos en varias ocasións e que se atopan moi a gusto realizando recitais de cámara de autores clásicos. O recital contará con pezas de Bach, Schumann e Rebecca Clarke.
David Fons, nacido en París, foi alumno de importantes mestres ó longo da súa formación, como Vicente Ortiz, Luis Roig ou Jesee Levine. A súa titulación musical, con premios de honra, realizouse no conservatorio Joaquín Rodrigo de Valencia.
Obtivo o primeiro premio de viola no concurso de Murcia no ano 1994, así como no concurso binacional España-Francia que se celebrou en Baiona en 1995.
Tamén foi galardoado, como semifinalista, no William Primerose Competition celebrado en Chicago este mesmo ano. Formou parte da Orquestra Nova da Unión Europea e de varias formacións orquestrais máis.
Como músico de cámara interviu en varias agrupacións nas que compartiron concertos con solistas da importancia de Ayo, Chumachenco ou Menuhin. Traballa tamén o repertorio específico para viola con pianistas como Boil e Pacual Jover, realizando actuacións por toda España e participando en festivais e concursos.
Na actualidade é profesor colaborador da Orquestra Filharmónica de Valencia e profesor do conservatorio José Iturbi de Valencia.
O pianista Emilio Boil cursou os seus estudios iniciais tamén en Valencia, estudiando piano con Gabriel Teruel e harmonía con Javier Costa, para culminar no conservatorio Joaquín Rodrigo da cidade do Turia.
Impartiu cursos de técnica e interpretación pianística en diversas cidades da Comunidade Valenciana. Interpretou o “Carnaval dos animais” de Saint-Saëns co pianista Breno Ambrosini no festival de música de “El Campot”. Colaborou tamén en numerosos festivais da Comunidade Valenciana.
Foi profesor do conservatorio Perfecto García Chonet de Carlet, do José Iturbi de Valencia, do Joaquín Rodrigo da mesma cidade e na actualidade é profesor no Mestre Vert de Carcagente.
Un recital clásico con viola e piano que non se afasta das liñas máis coñecidas da interpretación. Unha boa actuación de cámara.
BIOGRAFÍAS
PROGRAMA