Escoitar

As escolas de pais e nais celebran unhas xornadas para mellorar as relacións cos fillos

mércores, 21 nov 2001
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, presentou hoxe as primeiras xornadas das escolas de pais e nais de Vigo que tratarán sobre ”Cómo mellorar as relacións entre pais e nais e filos” e que se celebrarán os días 23 e 24 de novembro.

As xornadas pretenden ser un debate, recapitulación e avaliación dos temas de prevención que se analizaron nas escolas de pais durante o pasado curso escolar en cinco colexios públicos da cidade e que se organizaron dende a Concellería de Benestar Social.

O doctor Ferrer i Balsebre, xefe do servicio de psiquiatría do Hospital Juan Canalejo da Coruña, pronunciará a conferencia inaugural das xornadas co título ”Saúde Mental Infantil-Xuvenil. O papel dos pais”.

Miguel Amengual, psicólogo e coordinador autonómico sobre drogas de Baleares, falará sobre ”Cómo mellorar as relacións pais/nais e fillos”.

As Xornadas terán lugar no hotel ”Los Galeones” e están organizadas pola Unidade de Tratamento de Alcoholismo-ASVIDAL.