Vigo disporá durante o Nadal da I Feira da Infancia e Xuventude
A Concellería de Xuventude organiza a I Feira da Infancia e Xuventude que se celebrará do 26 ó 30 de decembro no Instituto Feiral de Cotogrande. ”Linguas e mares: Vigo 2001” será o título deste evento de carácter lúdico e formativo que disporá de demostracións, obradoiros, xogos cooperativos, artesanía e actuacións para os máis novos.
O concelleiro Santiago Domínguez explicou que esta é a primeira vez que se vai ofertar en Galicia unha feira destas características e suporá un cambio cualitativo importante nas actividades destinadas á mocidade, xa que agrupa ocio e formación de maneira interactiva.
”Linguas e mares: Vigo 2001” somerxerá a mocidade nunha serie de actividades durante o Nadal, afirmou o concelleiro. ”Trátase dunha aposta decidida da Concellería de Xuventude e de entidades como Caixanova, Pescanova, Instituto Camoens, Ifevi e da empresa Tasoga”, dixo Domínguez.
A organización pretende recoñecer a importancia do mar no pasado e as súas posibilidades futuras no desenvolvemento económico e sociocultural de Galicia, así como render homenaxe á diversidade lingüística na celebración do Ano Europeo das Linguas.
A área artesanal brindaralle ó visitante a oportunidade de trasladarse ó século XIX para coñecer os costumes e tradicións que marcaban o xeito de vida desa época. Postos e obradoiros artesanais permitirán aprender oficios tradicionais.
A área institucional e comercial ocupará a parte central do recinto, onde o público coñecerá aqueles productos e servicios destinados á mocidade.
A zona de actividades disporá de circuítos, atraccións, espectáculos e demostracións, entre outros.
Descargar todas as imaxes