Trece locais do Casco Vello participan nas terceiras Xornadas do Mexilón ata o 29 de marzo
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este martes as terceiras Xornadas do Mexilón, que se celebrarán ata o 29 de marzo coa participación de trece locais do Casco Vello e nos que se poderán degustar tapas a un euro. Segundo explicou o tenente de alcalde, esta é unha das diversas iniciativas que se están a desenvolver co obxectivo de "acadar a dinamización e revitalización" do barrio histórico vigués.
"Un ano máis celebramos estas xornadas de degustación dun dos produtos tradicionais da nosa gastronomía", sinalou. O nacionalista explicou que nos establecementos participantes se poderán degustar distintas formas de preparar o mexilón, dende as máis tradicionais ás máis innovadoras. Así, o restaurante La Carbonara preparará mexilóns á menta; o Gamboa ofrecerá mexilóns en escabeche; Mama Oko fará chop-suey de mexilóns; La Comidilla preparará filloas de mexilón á crema; El Pescador ofrecerá maxilóns ao vapor; La Mari terá crema de mexilóns ao aroma de cilantro; nos Petiscos poderase probar os mexilóns bañados en viño agre; no Alta Fidelidade prepararán mexilóns Alta Fidelidade; o Ultramarinos Finos A Pola terá mexilóns gratinados; na Taversa A Curuxa farán mexilóns en mollo nori e pasta negra; a Pita Tola preparará mexilóns á Pita Tola, no restaurante Rías Gallegas ofrecerán mexilóns ao vapor e na marisquería Bahía se poderá probar mexilóns ao albariño con pasas de corinto.
O tenente de alcalde subliñou que con iniciativas como esta se está acadando o obxectivo de converter ao Casco Vello nun "centro de encontro e de tapeo" e para afondar neste propósito adiantou que se está a traballar para "configurar distintas series de degustación de produtos", e así conseguir que a xente se achegue ao Casco Vello ao longo de todo o ano. Neste sentido Santi Domínguez lembrou que nesta zona da cidade se están desenvolvendo diversos proxectos, cun investimento de máis de seis millóns de euros, como son as reformas do eixo Paseo de Alfonso e Elduayen. "Seguimos configurando o puzzle do Casco Vello", salientou.
Descargar todas as imaxes