Escoitar

Peche ao tráfico das ruas Zaragoza, Uruguay,Perigos e Parrocha

venres, 5 dec 2008
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, a realizar pola empresa MOVEXVIAL, estará pechada ao tráfico a rúa Zaragoza no cruzamento coa rúa Salamanca,con acceso exclusivo para garaxes, dende o sábado 06 de decembro de 2008 ás 08:00 horas e por un período aproximado de tres días. Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas Tarragona e Gran Vía.



Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de montaxe de guindastre torre, a realizar pola empresa GRUAS DONIZ, estará pechada ao tráfico a rúa Uruguay, treito entre Colón
e República Arentina, con acceso exclusivo para garaxes, dende o domingo 07 de decembro de 2008 ás 08:00 horas e por un período aproximado de sete horas. Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas: Urzaiz, Hernan Cortes, Magallanes e Rep Argentina.



Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de solado e tapas de saneamento, a realizar pola empresa C.ALDASA, estará pechada ao tráfico a rúa Perigos (Casco Vello), con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 09 de decembro de 2008 ás 10:00 horas e
por un período aproximado de dous días.


Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de elecomunicacións, a realizar pola empresa TELEFONICA, estará pechada ao tráfico a rúa Parrocha, treito entre Recaré e Ceiróns, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 09 de decembro de 2008 ás 10:00 horas e por un período aproximado de duas semanas.