Escoitar

O pleno repudia as inxurias ao tenente de alcalde

O Pleno da Corporación Municipal acordou unha moción, fora da orde do día, na que fai patente a súa máis enérxica repulsa á campaña de inxurias e calumnias á que está sendo sometido o tenente de alcalde e membro da Corporación Municipal, Santiago Domínguez Olveira.

luns, 29 set 2008
A moción dí literalmente que " asistimos nos últimos meses á proliferación pola nosa cidade de pintadas e colocación de pegatinas alusivas ao tenente de Alcalde, que responden unicamente a tratar de variar o seu coherente e honrado proceder no desempeño do seu labor.

Estes acontecementos foron sufridos anteriormente por outros concelleiros/as desta Corporación,e, polo tanto, non podemos permitir que persoas que so se moven polos seus propios intereses continuamente utilicen a ameaza ou a inxuria pública.

Os datos das actuacións que se refiren están xa na man da xustiza, que terá que dilucidar a resposta legal e xudicial a este actos, que se veñen repetindo no tempo e que tratan de amedentrar aos responsables políticos no exercicio do seu cargo.

Por último, este Pleno manifesta o seu total apoio e solidariedade co Tenente de Alcalde, Santiago Domínguez, e expresamos a nosa firme vontade de denunciar sempre estes feitos que puidesen afectar a calquera Concelleiro/a desta Corporación".