Escoitar

Asinado o contrato para a redacción do Pxom

venres, 5 out 2001
imx642.jpg
Lois Castrillo e Xosé Cuíña
O alcalde, Lois Castrillo, asinou coa empresa Consultora Galega o contrato para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo. ”Será un plan seguro, fácil de xestionar e que permitirá seguir desenvolvendo Vigo como unha gran cidade atlántica na que se garantice unha mellor calidade de vida”, explicou Castrillo.


O alcalde considerou fundamental a colaboración entre administracións que comparten responsabilidades sobre urbanismo. Coincidiu nesta apreciación o conselleiro en funcións de Política Territorial, Xosé Cuiña, presente no acto, quen cualificou como modélica a cooperación entre Concello e Xunta de Galicia nesta materia.

Descargar todas as imaxes