Escoitar

A Concellería de Deportes patrocina o I Trofeo Cidade de Vigo que se inicia esta fin de semana no pavillón das Travesas

venres, 5 out 2001
A primeira xornada do I Trofeo Cidade de Vigo da Liga de Campións CIT’S de Fútbol Afeccionado vaise disputar o 6 e 7 de outubro, que vén substituír en tempo, forma e organización, o clásico e habitual Campión de Campións de Fútbol Afeccionado, disputado entre os campións dos distintos Torneos da Mancomunidade de Vigo.

Esta liga de campións disputarana os campións de liga e copa dos torneos Amistad, Atlántico, A.D. Primavera e T. De Redondela. Para a segunda edición o CIT’S ten previsto invitar os demais torneos da Mancomunidade para que se sumen ó mesmo.

Este sistema de competición consta de dous grupos de catro equipos cada un, disputándose a unha soa volta en campos municipais e xogándose durante a tempada actual, clasificándose para semifinais os dous primeiros de cada grupo. A final está prevista para o 17 de maio de 2002.