O prazo de inscrición na Escola Municipal de Danza remata a vindeira semana
A Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo principiará proximamente un novo curso coas modalidades de música e movemento, danza tradicional galega e percusión tradicional. Os interesados deberán inscribirse antes do xoves 11 de outubro na oficina de información da lonxa do Concello.
O curso de música e movemento distingue entre iniciación (de 4 a 5 anos de idade, cun máximo de 12 alumnos por grupo) e formación básica (6 a 7 anos, con 15 por grupo). Hai tamén danza para escolares (8 a 15 anos) con dúas sesións semanais dunha hora e un grupo de percusión tradicional para maiores de 16 anos. A oferta complementaria consta de actividades, nas que pode participar o alumnado, coas que se pretende fomentar a difusión da cultura vencellada á danza tradicional. Entre outras, está a asistencia a cursos monográficos, festivais ou museos.
A Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo foi creada en 1979 e, dende aquela, milleiros de vigueses aprenderon e familiarizáronse coas danzas tradicionais galegas. Moitos dos seus alumnos son transmisores do folclore a través doutros grupos espallados por Vigo ou outros concellos.
Os interesados poden conseguir máis información sobre horarios e matrícula no teléfono 986-810167 ou a través do enderezo electrónico ofi.cultura@vigo.org