O alcalde presentou a primeira fase da "merecida" humanización de Bouzas
Os traballos de mellora da Alameda de Bouzas comezarán o vindeiro 18 de agosto, o que representa o primeiro paso da humanización do barrio vigués, que continuará dentro de dous meses coa reforma do entorno do mercado. O alcalde, que hoxe venres presentou o proxecto, salientou a "merecida" atención que se lle está concedendo a unha zona que aportou tanto ao desenvolvemento da cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres a humanización da Alameda de Bouzas, traballos que darán comezo o vindeiro día 18 de agosto, cun orzamento próximo aos 550.000 euros, e estarán rematados en 4 meses. O rexedor, acompañado polo concelleiros socialistas Isaura Abelairas, Angel Rivas e Carlos L. Font, salientou a "merecida atención" que o goberno lle está a conceder a Bouzas, barrio que tanto aportou e aporta ao desenvolvemento da cidade.
Segundo explicou Abel Caballero, as características da humanización non diferirán das realizadas no centro da cidade, co que os bordes e o novo pavimento da Alameda de Suárez Llanos serán de granito. Ademais, no transcurso dos traballos, o Concello procederá á renovación do sistema de recollida de augas pluviais e da rede de drenaxe da zona.
O alcalde fixo asemade especial fincapé no parque infantil que se reformará xunto coa humanización. O recinto para os máis pequenos contará con cinco unidades de xogos para o gozo dos nenos e nenas.
Tras a finalización dos traballos, a praza contará cun total de 21 farois e 11 bancos. Igualmente se manterá o quiosco de prensa e os 39 árbores presentes na Alameda, todos eles do tipo plátano de sombra ("platanus hispanica"). O alcalde manifestou a súa intención de aumentar o número de árbores e ampliar as zonas verdes do lugar.
O que vaise modificar, segundo explicou Abel Caballero, é a posición da parada de taxis, que pasa á esquina da sucursal da entidade bancaria Caixanova. O tráfico, pola súa banda, non presentará modificacións substanciais durante os catro meses que durarán as reformas.
Descargar todas as imaxes