Escoitar

O Concello asina con Zona Franca a creación de 1,3 millóns de metros cadrados de novo solo industrial

Segundo os convenios asinados hoxe xoves polo alcalde e a delegada especial da Zona Franca, o Consorcio ampliará en 240.000 metros cadrados o Parque Tecnolóxico e Loxísitico de Vigo e executará a chamada "Cidade do Frío": 1,1 millóns de m2 de solo empresarial no que se priorizará a recolocación das industrias de Beiramar e da automoción. Ademais, Zona Franca estudará participar na urbanización da área urbana de Guixar.

xoves, 7 ago 2008
1218113290convenio3peq.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a delegada especial do Consorcio da Zona Franca, Teresa Pisano, asinaron este xoves tres convenios polos que a entidade executará o Polígono Industrial Matamá-Valladares, a chamada "Cidade do Frío", ampliará o Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo e estudará asumir a urbanización da zona de Guixar.

Segundo informou Teresa Pisano en comparecencia conxunta co alcalde, a Cidade do Frío, ubicada nas parroquias de Matamá e Valladares, abrangue máis de 1,1 millóns de metros cadrados de superficie, destinados prioritariamente á recolocación das empresas hoxe asentadas en Beiramar e ao sector da automoción. Contará cun mínimo de 110.000 m2 de zona verde, con máis de 1.000 prazas de aparcamento, e se prevé o establecemento de vivendas de protección para os afectados polos desaloxos.

O Polígono comezará a súa tramitación este mes de setembro, coa convocatoria do concurso para a redacción do plan parcial, adxudicado para decembro deste ano. Pisano estimou que en 2009 se iniciará a compra dos terreos e as obras poderían empezar no ano 2012.

A ampliación do Parque Tecnolóxico de Vigo, por outra banda, será executada polo Consorcio e sufragará cos gastos, previa expropiación dos terreos a realizar polo Concello. O vindeiro ano, salientou a delegada, se elaborará a cartografía e a topografía dos terreos, se iniciará a compra dos mesmos e a modificación do Plan Parcial. En 2011, no caso de ser preciso, se realizarían as expropiacións necesarias e se tramitará o proxecto para dar paso no 2012 á oferta pública de venda de parcelas.

Teresa Pisano explicou asemade que estudarán as fases de realización do proxecto de urbanización do área urbana de Teis-Guixar para, en función do resultado, valorar a posibilidade de asumir a promoción da zona.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou como "de gran importancia", unha vez o Plan Xeral entra en vigor definitivamente o vindeiro día 25 de agosto. A este respecto, o rexedor subliñou que son xa nove os convenios asinados ata o momento e existen outros cuxa sinatura se efectuará "de inmediato".
Descargar todas as imaxes