Santi Domínguez entrega os premios do Concurso de Tapas do Casco Vello e destaca a alta participación no certame
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, fixo entrega hoxe dos premios correspondentes á terceira edición do Concurso de Tapas do Casco Vello, no que o primeiro premio correspondeu á Crepería do Mar. No acto, celebrado nas instalacións deste restaurante, o tenente de alcalde salientou a alta participación no certame, xa que foron contabilizados máis de 3.500 votos durante os días que durou o concurso.
Santi Domínguez lembrou que o Concurso de Tapas do Casco Vello se enmarca nas diversas iniciativas que está a desenvolver o Concello de Vigo para dinamizar o barrio histórico da cidade. Dende o 27 de xuño ao 13 xullo, un total de trece locais ofertaron as máis variadas racións, a un prezo dun euro cada unha. Finalmente, o local gañador, con 380 votos, foi a Crepería do Mar, na que se puido probar a crepe tartar ou o boursin de saumon. O agasallo consistíu nun diploma acreditativo e unha fin de semana no Hotel Balneario Hesperia A Toxa. O segundo premio foi para Pita Tola, con 289 votos, no que se puido degustar o ceviche. E en terceiro lugar situose La Carbonara, con 284 votos, que ofreceu mini espetada de carne con salsa ao funghi.
O xerente da Asociación de Comerciantes Centro Comercial Aberto VigoVello, Anxo Méndez, salientou tamén a alta participación no concurso, incluso de persoas que se animaron a probar as tapas, pero sen emitir o seu voto posteriormente. "A resposta obtida anímanos a seguir traballando para acadar a dinamización do barrio xunto ás iniciativas que dende o Concello se están a levar a cabo", asegurou, ao tempo que sinalou que a iniciativa "marca o camiño a seguir o ano que vén". Pola súa banda, a presidenta da asociación, Itos Domínguez, agradeceu ao tenente de alcalde a súa colaboración e o traballo que está a desenvolver na potenciación do barrio.
Ademais destes tres locais, na no certame participaron o Herba Luisa, que preparou cabaciña ao curry; Trastévere, que fixo filloa mixta; a Marisquería Bahía, que preparou revolto de zamburiñas ao suspiro de pomarola e herbas silvestres; Petiscos, que fixo petisco delicia da Ría; Mama Oko, con mini espetada tandoori con salsa verde de cilantro; Vinoteca A Meiga, que ofreceu montadito Á Mega; A Curuxa, que preparou collóns de crego; La Comidilla, con quevirantes; o Alta Fidelidade, que fixo mexilóns ao estilo Alta Fidelidade e o Gout Doux, no que sepuido probar mar a dentro. Todos eles recibiron diplomas acreditativos da súa participación.
Pero ademais do propio concurso entre os locais participantes, Rubén López-Cancelos Ribadas gañou unha fin de semana para dúas persoas no Hotel Hesperia de A Toxa, sorteada entre a clientela que participou na votación.
Descargar todas as imaxes