A vila romana de Toralla abre a o público con xornadas de portas abertas as fines de semana e os festivos do mes de agosto
A vila romana de Toralla abre "por fin" ao público, segundo anunciaron este venres o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, no transcurso dunha visita ao xacemetno arqueolóxico, no que tamén participou o director das escavacións Fermín Pérez Losada. Durante as fines de semana e festivos do mes de agosto todas as persoas que o desexen poderán disfrutar das xornadas de portas abertas.
"Hoxe é un día grande para toda a cidade", salientou o tenente de alcalde na súa intervención, posto que "por fin" se da cumprimento a unha demanda da cidadanía viguesa. "Despois de tantos intentos e tantos anos, a xestión desenvolvida pola Concellería de Patrimonio Histórico ve hoxe os seus froitos", destacou Santi Domínguez. Neste sentido, felicitou a Elena Maure, concelleira de Patrimonio Histórico, e ao director das escavacións, Fermín Pérez Losada, polo traballo desenvolvido nestes meses.
Elena Maure, pola súa banda, subliñou que coa apertura ao público da Vila Romana de Toralla remata o proceso investigador do xacemento e comeza o de divulgación e a súa posta en valor. A concelleira de Patrimonio Histórico sinalou que durante o mes de agosto desenvolveranse xornadas de portas abertas as fines de semana e os días festivos de 11 a 20 horas, para o cal existen paneis informativos das principais estancias da vila, así como visitas guiadas previa cita no Museo de Castrelos. No mes de setembro haberá tamén visitas guiadas dependentes do Museo de Castrelos, mentres que poderanse facer visitas libres durante cinco horas ao día. O mes de outubro, pola súa banda, aínda que tamén o público poderá visitar as instalacións, estará centrado especialmente na organización de visitas para grupos e centros escolares.
A concelleira de Patrimonio Histórico lembrou que as primeiras escavacións no recinto foron levadas a cabo pola propia familia Mirambel e incluso por Álvarez Blázquez durante o seu traballo en Castrelos, aínda que o plan integral do xacemento non foi iniciado ata o ano 2002, cando o Concello de Vigo asinaron un convenio de colaboración. Anunciou ademais que xa están contratadas as obras de acondicionamento exterior para mellorar o contorno e facilitar o acceso.
O director da escavación, pola súa banda, salientou que este xacemento recupera a idiosincrasia de Vigo, característica xa dende a época romana. Así explicou que a vila é unha casa de campo con funcións residenciais e produtivas cun emprazamento idóneo para a súa vocación marítima. Sinalou que a villa pode ser datada con precisión nun periodo de tempo "moi concreto", entre o ano 300 e o 450 d.C. O conxunto da villa está formado por varios edificios e construcións, independentes pero moi próximos entre sí: edificio principal, edificación secundaria, construcións do chamado "sector Mirambell" e tanques de salinas. Na illa de Toralla tamén hai vestixios dunha necrópole de inhumación que probablemente funcionase como o cemiterio dos habitantes da villa.
Os traballos desenvolvidos consisten en labores de conservación, restauración e reconstrución das ruínas, acompañados da dotación doutras infraestruturas (contención de perfís estratrigráficos, sendas de visita, peche perimetral, drenaxes) e equipamentos (deseño de imaxe corporativa do xacemento, composición e execución de paneis informativos, edición de folleto de visita). Neste sentido destacan especialmente os labores de reconstrución e recreación das termas, realmente novidosos e innovadores, dado que se conservou intacto o hipocausto orixinal atopado (que volveu ser a escura cámara de calor que era en orixe) ao mesmo tempo que se reconstruían integralmente o desaparecido solo da estancia quente e as bañeiras (tanto frías como quentes), podendo ter auga tal como ocorría orixinalmente.
Descargar todas as imaxes